Sede electrónica Mancomunidade Ria de Arousa Zona Norte

11:51:41 Martes 19 de marzo 2024
Estás en:

Accesibilidade

Dada a importancia de que os nosos cidadáns, incluíndo os maiores e os que teñen algún tipo de discapacidade, poidan acceder á información e os servizos electrónicos deste portal e navegar polos seus contidos, a nosa sede electrónica foi implementada seguindo criterios de deseño e programación accesibles, co obxectivo de garantir o acceso universal ao maior número posible de usuarios. Estes criterios baséanse nas recomendacións WCAG/WAI do World Wide Web Consortium (W3C), consorcio internacional que se encarga da supervisión das tecnoloxías e estándares de Internet.

Entre outras, consideráronse as seguintes medidas para permitir ao usuario navegar con maior facilidade:

  • Multinavegador: as páxinas presentan unha correcta visualización en diferentes navegadores (Chrome, Mozilla, Internet Explorer, Safari).
  • Aspectos visuais: unha folla de estilos permite ao usuario axustar o portal ás súas necesidades visuais. Os documentos poden lerse sen follas de estilos.
  • Aspectos semánticos: a organización dos elementos das distintas páxinas permite a comprensión xeral do sitio. Utilízase unha linguaxe sinxela e fácil de comprender.
  • Cambios de idioma: estes identifícanse mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa a quen navegan con lectores de texto.
  • Navegación coherente: asegúrase a consistencia no sitio web, logrando que a navegación sexa coherente en todas as páxinas e ofrecendo unha experiencia de usuario gratificante.
  • Tamaño de texto e colectores: o tamaño do texto e os colectores definíronse correctamente.  Desta maneira, o contido amplíase perfectamente.

Por impedimentos técnicos, algúns dos contidos ofrecidos poderían non cumprir as pautas de accesibilidade anteriormente comentadas. Si detecta algún problema de accesibilidade ou quere facer algún comentario ou suxestión sobre esta materia, non dubide en poñerse en contacto connosco a través do formulario de soporte técnico.