Sede electrónica Mancomunidade Ria de Arousa Zona Norte

09:17:44 Xoves 25 de abril 2024

Información

Intervención

22/05/2023

Aprobación inicial do suplemento de crédito núm. 1/2023-SC e da modificación das BEO 1/2023.

EXP: 2023/X999/000004

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade, en sesión celebrada o 16 de maio de 2023, o expediente número 2023/X999/000004, de suplemento de crédito núm. 1/2023, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais, por importe total de 34.000,00 euros, en cumprimento do disposto nos artigos 169.1 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e do artigo 20.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aos que se remiten respectivamente os artigos 177.2 daquel e 38.2 deste, exponse ao público na Intervención municipal e na sede electrónica da entidade: https://sede.arousa-norte.es/sxc/es/informacion/ o expediente de referencia, polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, co fin de que durante este, poidan formularse ante o Pleno da Corporación as reclamacións que se estimen oportunas.

Se finalizado o prazo de exposición ao público non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente ao abeiro do establecido no artigo 169.1 TRLRFL.


Xustificantes de Publicación: