Sede electrónica Mancomunidade Ria de Arousa Zona Norte

16:40:52 Venres 11 de setembro 2026

Información

Intervención

09/09/2026

Modificación 1/2026. Suplemento de crédito

EXP: 2026/T002/000004

 

Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito MC 1/2026, de suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais

 

O pleno en sesión extraordinaria celebrada o 3 de setembro de 2026, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos MC 1/2026, de suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais.

 

De conformidade co previsto no artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 169.1 do mesmo texto normativo ábrese un período de información pública por espazo de 15 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de a Coruña, para que por parte dos interesados a que se refire o artigo 170.1 poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de que non se presentaron reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario, non entrando en vigor ata que leve a cabo a publicación da modificación na forma sinalada no artigo 169.3.

 

O expediente: 2026/T002/000004, poderá ser consultado na sede electrónica do Concello concretamente no Portal de transparencia, información económica orzamentaria e estatística, orzamento e estados de execución, modificación de crédito

 

En Boiro a 3 de setembro de 2026. O Presidente. José Carlos Vidal Suárez


Xustificantes de Publicación: