Modificación 2/2026. Suplemento de crédito
EXP: 2026/T002/000005
Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito MC 2/2026, de crédito extraordinario financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais
O pleno en sesión extraordinaria celebrada o 3 de setembro de 2026, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos MC 2/2026, de crédito extraordinario financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais. De conformidade co previsto no artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co artigo 169.1 do mesmo texto normativo ábrese un período de información pública por espazo de 15 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de a Coruña, para que por parte dos interesados a que se refire o artigo 170.1 poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de que non se presentaron reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario, non entrando en vigor ata que leve a cabo a publicación da modificación na forma sinalada no artigo 169.3.
O expediente: 2026/T002/000005, poderá ser consultado na sede electrónica do Concello concretamente no Portal de transparencia, información económica orzamentaria e estatística, orzamento e estados de execución, modificación de crédito
En Boiro a 3 de setembro de 2026. O Presidente. José Carlos Vidal Suárez